lunes, 27 de abril de 2009

OS PAPAQUEIXOS - A Lóxica Aplastante do Comité de Propaganda


Opinión Personal: 8,5/10
Creo que ultimamente estou perdendo a chispa escribindo. A verdade é que cando criticas un traballo recén saido no forno, e para máis de xente que coñeces ou que viches algunha vez, poste seriote e non das pé ás chanzas.
Aproveito que son as 0:00, a hora dos frikis, que a noite é xove e que teño posto o "Arroutada Pangalaica" dos Diplomáticos para falar con irreverencia e respeto do grupo que nos atinxe. Total, están mortos e enterrados e nindiós le este bló, que xa se nota nos comentarios.
Debo confesar que coñecía os temas míticos dos Papaqueixos,a saber, "Teknotraficante: farlopo ma non troppo" e "Matías o Morcego", e algún máis me sonaba. Mais é agora 3479 días despois da estrea deste disco que caeu nas miñas redes, ou máis ben nas do meu jardiks.
E toda unha sorpresa, meus. Non era eu consciente do folkis que eran este grupazo mentras vivían. E eu, que teño un pasado, vexo que non había que investigar algunhas cousas, que xa estaban todas creadas, editadas, masticadas e dixeridas. Como din que dixo don Antares Brigtons, famoso semiótico e filatélico: "Neste mundo só estou seguro de dúas cousas, do selo de 5 centavos e da estupidez humana, e ando a non crer moito no primeiro ultimamente". Mea culpa,hai que ler, escoitar e falar máis.
Se tivera que dicir que non me gusta deste disco, tería que pensalo moito, xa que contén as doses xustas de retranca,bo humor,música bonita,cañabrava a todo filispín,instrumentais, letras profundas (excelente letra inglesa en "Mai iöb is güeitin faragüei"),robots asasinos,xelados de fresa e porno barato que lle esixo a un disco. Se queredes criticar algo,para iso están os comentarios, preas (nótase moito que me sinto só na inmensidade da rede, xa o sei).
Como este grupo se fragmentou en moitos anacos, non se nos permitiu seguir desfrutando del. Mais o panorama galego (e o resto) están cheos de discos únicos e non por iso nos anoxamos. Daquelas,rapaciños, sacar un disco non era tan barato coma agora, e non había Internet. Si, era posible vivir sen Internet, inda que bastante mal, todo sexa de paso.
Non sei que facedes lendo estas parvadas e non buscando este disco de donde o teñan, xa tardades, meus. Licores e bicos para tod@s!!!

4 comentarios:

  1. Como has pedido que al menos te dejemos un saludo, ya que no puedo comentar nada al respecto, ahí te va, sensiblón!!!

    ResponderEliminar
  2. Tes a derradeira posibilidade de velos o pasado mañá (31/10/2009) no mosteiro de Monfero. Onde celebrarán o X Aniversario da "Lóxica Aplastante do Comité de Propaganda".

    Vemonos lá

    ResponderEliminar
  3. Como me pon ler esto...arf, arf!!... (um papaqueixo...)

    ResponderEliminar