miércoles, 22 de abril de 2009

GALEGOZ - Viñeron da Galiza Interior



Opinión Personal 8,5/10
Fai uns aniños cando se comezou a falar dos Galegoz, todos nos estrañamos de que nunha escena tan pequena e provinciana como a galega un grupo entrara con tanto poder mediático. Vale, había uns cantos coñecidos no grupo, pero , ¿tanto?.
Vinos por vez primeira no festival de Chandrexa, onde compartimos escenario, e a miña impresión foi boa, inda que me parecía que o grupo non acababa de enganchar o público co seu estilo (Aranhoto Disco Style - Bacalao en barallete, vamos). Nun concerto non acabas de entender ben as letras, que son o plato forte do grupo, e a música desconcertou á xente.
Agora, tres directos despois e tres discos tamén, hai que dicir que Galegoz se confirma coma un dos grupos máis interesantes do panorama galaico, mais segue tendo un problema de falta de tirón nesta Galiza de "Gaitas e Vieiras"(Projecto Mourente dixit). Facendo unha introducción, hei de dicir que o seu primeiro album "Galician Chimpanzee"non o teño, e escoitei cancións soltas, mais non como para opinar. O que escoitei non está nada nada mal. "Revolution Dance" é a confirmación de que o grupo iba en serio, e o seu disco-friki-agro estilo colle pulo mezclado con pachanga, funk, ji-jó e outras vainas. O disco é moi bo, e eu só lle topo dous defectos:
- Idioma: non teño NADA en contra de que se use galego normativo, de mínimos, lusista e outras recetas mentres se faga en galego. O que non se debe facer é escribir en lusista e cantar en normativo. Teta e sopa non collen na boca.
- "Shinobi" e "Señor Naranja",de onde sairon eses temas? Son do coleguita de Madrid (máis coñecido coma o Eminem dos Galegoz) e había que metelos a collós?. Estes temas destrúen a unidade do disco, son un engadido innecesario. E iso que "Shinobi" é un tema caralludo, non así o outro, egocentrismo hiphopero chulimen, puaj!
Despois disto, chega "Viñeron da Galiza Interior" onde a mala hostia do grupo expándese con forza extrema, non sei se multiplicada pola situación política actual ou non, mais encántame. O estilo e grabación son perfectos. Evidentemente hai temas que me gustan máis que outros, pero todos andan polo notable alto - sobresainte. É evidente que Galegoz Progresa Adecuadamente ++, e só me produce pena que grupos coma este non teñan o éxito que merecen por méritos propios. Será que o grupo vai máis cunha pseudo-élite(xa estamos) progre-desencantada-frikicultureta que co que atopamos habitualmente nos concertos, xente máis interesada en bailar sen prestar atención ó que se di mecidos polo kalimocho e outras vainas (sintoo, mais creo que é así).
De tódolos xeitos, destacaría dous defectos deste traballo:
- É demasiado curto: queriamos máis,máis, máis
- Tal vez sexa o derradeiro disco da banda: NNNNOOOOOOOOOOOONNNN
En fin, que nos quiten lo bailado. Se queredes saber máis desta xente aquí tedes uns enlaces:
Descargar os dous discos de "Le Glamour Grotesque", moi recomendable se che gustan os Galegoz:
Os outros discos da banda están en Spotify, así que xa sabedes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario