lunes, 20 de abril de 2009

LAMATUMBÁ - Paraugas Universal



Opinión Personal: 6,5/10

O seguinte tema pode sacar máis sangue no foro da que eu quixera, e iso que en calquera outro pediría coitelos afiados e nada máis. O mellor esaxero e certas feridas xa están fechadas ou polo menos cunha costra suficiente. Mais hai que mollarse, rapaces.

A escisión de Lamatumbá fixo que moita xente quedase triste pola nova, mais có tempo, creo que a cousa ficou correcta, porque gañamos dous grupos moi bos para o directo galego. Un deles O Sonoro Maxín onde se aloxaron dous Históricos do grupo, outros dous históricos (a maiúscula e a minúscula van pola cantidade de tempo, non pola importancia, claro), un batería que xa fora lamatumbeiro e un baixista excepcional. O outro grupo quedou chamándose Lamatumbá, mais xa non o é, coma os Diplomáticos (de Kömunikando) xa non eran Os Diplomáticos de Montealto. Isto, por suposto, non significa nada mais que iso. Agora Lamatumbá "Abre Camiños" e vai por outro lado facendo un punto e aparte na súa historia e saca este disco fai xa un aniño.

O disco é moi correcto, ata notable. Non me parece un discazo, mais si ten temas para darlle de comer aparte, coma "Severino", "Farto"ou "Marcha + Aquí". Curiosamente, o tema promocional do disco non é nin moito menos o que máis me gusta, pero o mesmiño me pasa có recente disco de Guezos. Cuestión de gustos, supoño. É de destacar a nova colaboración de Guadi Galego cunha canción lenta coma "Morna", que volta a eleva-lo nivel do disco como xa pasara có "Reagge dos Mariñeiros". Destacar tamén que o disco trae un DVD moi simpático con contidos coma videocrís, makinones, fotos e demáis.

A miña dúbida con Lamatumbá (1) era que as cancións, e por suposto o directo eran moi bos, mais hai que recoñecer que sacaron tres (ou catro!) veces o mesmo disco, con case que os mesmos temas. E parecía que tiñan un muro que non eran capaz de romper para seguir adiante.De tódolos xeitos hoxe alédome de que sacasen o "Lume...para que saia o sol", inda que fora cós temas de sempre, xa que así foi coma tod@s os que os seguimos desde sempre queriamos velos grabados. A continuidade que segue Lamatumbá (2) con este "Paraugas Universal" non fai posible que non digamos "vaia cambio...non?", mais cumpre de sobras para desatascar os 10 anos de sacar un só disco.

A maquetación e deseño non me emocionan, inda que cumpren polos pelos. Nesto si que hai diferencia respecto ó disco anterior. Sintoo, sr. Peixe, mais a estética e debuxos parécenme máis que bos pero que non pegan có grupo e a súa música. Aproveitarei este apartadiño para facerlle a pelota o meu amigo D. Rubín que fixo un dos mellores traballos que se poden facer nun CD có anterior disco do grupo. Portada, galleta e libreto eran dunha calidade inmensa, os debuxos non só nos gustaban senón que nos emocionaban ós que compartimos Instituto nas lagoas neses 8- 10 aniños de Chanquiñas, Cesáreos, grupo teatral Leria e Xoves intérpretes. E para máis nos contaba a súa vida reciente, todo polo mesmo prezo!. Inmenso, rapaz.

En resumidas contas, agardo con ansia novas aventuras dos ourensáns para ver ata donde son capaces de chegar, que agardo que sexa o máis lonxe posible.

Mañá, mais!

No hay comentarios:

Publicar un comentario