lunes, 11 de mayo de 2009

ADORRO SPOTIFY




Grandísimo invento rapaces, este Spotify. Este pogramiña consiste nunha lista INMENSA de cancións, albumes e artistas. Os temas pódense escoitar en calidade alta e cunha rapidez caralluda. Eso si, nada de descargas, que para iso xa están outras aplicacións. Me dixo un paxariño que o pograma é legal, que as discográficas adoptan a táctica de "si non podes co enemigo...", mais non sei se crelo.


Todo o universo musical non está, claro. Eles din que suben unhas 10000 cancións ó día, pero non estará nunca todo, é imposible. Pero hai artistas que teñen discografías completas, ó alcance dun clic. Outros (Led Zeppelin, Beatles, Metallica, Pink Floyd,etc) non están por desexo deles ou da discográfica(máis ben). Se pos "let it be" sairante 300 versións mais non a orixinal.


Como punto fraco do choio, sinalar que a radio que posee a aplicación para escoitar música por estilos ou aleatoriamente é algo así coma uns pementos recheos de estrume. Non vale para nada, e iso era moi bo en LastFM, mais ninguén é perfecto. Tamén sinalar que a música non se pode descargar, pero tampouco SUBIR. Non podes mandarlles a maqueta do teu grupo xenerosamente para que apareza aló. Unha peniña.


Haberá que ver canto dura este pograma sen ser de pago, como pasou con LastFM. De momento cada 6-7 cancións sae un anuncio duns 20 segundos. Isto é perfectamente asumible, a ver se non cambia. Darse de alta en Spotify Premium costa uns 9,95 ó mes, e supoño que aí non haberá publicidade e incluso moitas máis cancións. mais co que hai gratis para min é suficiente.


Xa sabedes, spotify xa!! Para instalalo buscade en Internet os enlaces precisos. Hai veces que é necesaria a invitación doutro membro para darse de alta. Para iso aquí me tedes. Con mandarme o voso correo poderei dar de alta a 9 personas máis. Dádevos presa, que se esgotan ( clamando no deserto, clamando no deserto).

jueves, 7 de mayo de 2009

SICKO


Opinión Personal: 2,5/10
AVISO: CONTÉN SPROLERS,ou algo así


Moi mala, realmente. O señor da barriga e a gorriña debe pensar que só con poñer a parir o seu país vai a sacar boa caixa e críticas sen facer unha boa peli. Non vin Roger and me pero falan ben. Bowling for Columbine é unha obra mestra (8/10), Farenheit 9/11 non estaba mal(5,5/10), e tiña bos momentos como cando Moore pide os congresistas que inscriban ós seus fillos no exército.

Pero é que a esta non hai por onde collela: torticeira(iso é galego?), aburrida por momentos, esaxerada ata o máis non poder nas "excelentes" condicións dos sistemas sanitarios europeos e cubano, e ULTRAMANIQUEA. Partindo dunha excelente idea, coller ós rexeitados dos seguros norteamericanos e levalos a Cuba, o director non a leva a bo porto xa que se perde na súa "critica"? vendo só a trabe no propio ollo, e non as numerosas palliñas nos alleos. Traballo de investigación cero, ou demasiado condicionado.

Hai bos momentos, claro, e me quedo ca emoción da señora que compra por menos de 100 veces o que lle costa en USA un medicamento en Cuba. O momento no que Moore e os seus acompañantes lle berran ó Campo de Concentración de Guantánamo non está falto de gracia e retranca, pero se pasa de esaxerado.

Agardo a súa próxima peli, mais despois de esta caida progresiva na calidade dos seus documentales, non creo que nos sorprenda nin que triunfe.

Viva o sistema da Seguridade Social Europeo, e non as élites medico-farmacéuticas norteamericanas. Que o cortés non quita o bailado. Boas tardes,meus.

O BERRO DA TRIBU


Iniesta non é galego.
Valdés non é artista.
Messi non sacou ningún disco.
Guardiola non é actor de cine.
Eu non son do Barça.
Ningún deles debería estar aquí.
Mais onte integreime na tribu, e participei do rito. E agrádame o fútbol, o opio do pobo. E inda que non son do Barça, nunca berrei un gol coma o de onte. Foi sinxelamente, PERFECTO.
E vaia golazo o do Chelsea,mete medo.

miércoles, 6 de mayo de 2009

FANTAZIO- The Sweet Little Mother Fuckin`Show


Opinión Personal 8/10
Xa que os meus amigos me din que non comento máis que discos folkis(haberíase que preguntar cantos discos folkis levo ata a data), comentarei este disco dun grupo francés que nisuputamadre coñece. A estes señores vinos en directo en París nun festival onde participaban The Offspring, Amadou et Marian, Asian dub Foundation, Emir Kusturika e outros, e averdade é que foi o mellor directo. Música pseudoexperimental poderiamoslle chamar, mais non admite etiquetas. Cando agardaba só co meu vasiño de plástico mediado de cervexa vin achegarse ó escenario un nacho cun Contrabaixo golpeado por todos lados. Comezamos ben,pensei. O resto da banda eran trompeta, trombón, guitarriña esa dos peruanos, batería e nada mais. Perfecto,algo orixinal, seguín a pensar. Non sebía o que me agardaba.
Cando o Nacho (un tal Fantazio ou fantassio ou Elefantazio según as gües que se consulten) comezou a cantar vin o porqué dos golpes do tremendo instrumento. Mentres tocaba o contrabaixo dáballe patadas facendo percusión e cantaba ó mesmo tempo cun falsete moi bo, e ademáis cantaba en francés, castelán, inglés, italiano e outros máis. Un fenómeno, vamos. Ademais durante o concerto o afortunado público disfrutou dos máis variados trebellos musicais imaxinados e distorsionados. Puá, meus. E para máis a música e os discursos do Nacho molaban moito.
Comprei o seu disco en Bruselas (que cosmopolita eres,Ernesto,te queremos) case un ano despois xa que no momento do concerto inda non estaba editado. A verdade é que é un disco moi recomendable, pero pérdese a maxia do directo, e o deseño é moi aceptable. Disco moi tranqui, con temas moi mascadiños a pesar da súa apariencia post-punki en moitos deles. Se o queredes está no Spotify ou en calquer P2P. Ou mo pedides a min, botadelle morro, que carallo.
Agardo a que se pasen por Barcelona. De momento nada de nada. A ver se hai sorte.
Coidádevos!!