

Os Som do Galpom sacan novo disco coma flamantes novos gañadores da 2ª edición do Nsaio. A verdade é que nada hai que dicir do deseño(só vin a portada,mais mola), grabación e temas escollidos. Os rapaces da Moniña, Santiago seguen coa súa orixinal proposta de hipehope funk ragga style, mais a mellora na interpretación é evidente. Ademais a xira de presentación é extensa e variada (Portugal, Catalunya, Valencia). Longa vida a Som do Galpom!
O punto forte do grupo son as letras, sen dúbida. Moitas son sobresaintes, xa que non se quedan nos temas "Que mala é a sociedade, eu fumo porros e toco música", que tamén deso hai mais non só iso. E agradécese. Temas coma a grandiosa "Na Cama", xa un clásico do grupo ou "Amigos ou Colegas?" no que as letras agradan e sorprenden.
O punto débil do grupo (e daí a miña nota), polo menos nas tres escoitas que levo, é a música. A base musical é moi orixinal, e os integrantes do grupo melloraron moito na interpretación. Sobre todo pola parte que me toca, creo que non hai case nada que ver có violín de antes e o de agora (grande, Brais). Agora ben, unha cousa é que teñamos unha base musical guapa e orixinal, e outra é facelo de maneira monocorde, con temas que case non se diferencian entre eles se lles quitamos as letras. Dacordo, neste xénero o que priman son as letras, mais algo de variación na base(e non só nos arranxos) sería de agradecer.
Un disco bo, mais cos medios dos que parece que se dispoñía, aproveitar ben o tiro e meter algo máis de orixinalidade tería sido de agradecer. Larga vida a som do Galpom, e a rebentar tódolos garitos!!
Opinión Personal: 6,5/10
O seguinte tema pode sacar máis sangue no foro da que eu quixera, e iso que en calquera outro pediría coitelos afiados e nada máis. O mellor esaxero e certas feridas xa están fechadas ou polo menos cunha costra suficiente. Mais hai que mollarse, rapaces.
A escisión de Lamatumbá fixo que moita xente quedase triste pola nova, mais có tempo, creo que a cousa ficou correcta, porque gañamos dous grupos moi bos para o directo galego. Un deles O Sonoro Maxín onde se aloxaron dous Históricos do grupo, outros dous históricos (a maiúscula e a minúscula van pola cantidade de tempo, non pola importancia, claro), un batería que xa fora lamatumbeiro e un baixista excepcional. O outro grupo quedou chamándose Lamatumbá, mais xa non o é, coma os Diplomáticos (de Kömunikando) xa non eran Os Diplomáticos de Montealto. Isto, por suposto, non significa nada mais que iso. Agora Lamatumbá "Abre Camiños" e vai por outro lado facendo un punto e aparte na súa historia e saca este disco fai xa un aniño.
O disco é moi correcto, ata notable. Non me parece un discazo, mais si ten temas para darlle de comer aparte, coma "Severino", "Farto"ou "Marcha + Aquí". Curiosamente, o tema promocional do disco non é nin moito menos o que máis me gusta, pero o mesmiño me pasa có recente disco de Guezos. Cuestión de gustos, supoño. É de destacar a nova colaboración de Guadi Galego cunha canción lenta coma "Morna", que volta a eleva-lo nivel do disco como xa pasara có "Reagge dos Mariñeiros". Destacar tamén que o disco trae un DVD moi simpático con contidos coma videocrís, makinones, fotos e demáis.
A miña dúbida con Lamatumbá (1) era que as cancións, e por suposto o directo eran moi bos, mais hai que recoñecer que sacaron tres (ou catro!) veces o mesmo disco, con case que os mesmos temas. E parecía que tiñan un muro que non eran capaz de romper para seguir adiante.De tódolos xeitos hoxe alédome de que sacasen o "Lume...para que saia o sol", inda que fora cós temas de sempre, xa que así foi coma tod@s os que os seguimos desde sempre queriamos velos grabados. A continuidade que segue Lamatumbá (2) con este "Paraugas Universal" non fai posible que non digamos "vaia cambio...non?", mais cumpre de sobras para desatascar os 10 anos de sacar un só disco.
A maquetación e deseño non me emocionan, inda que cumpren polos pelos. Nesto si que hai diferencia respecto ó disco anterior. Sintoo, sr. Peixe, mais a estética e debuxos parécenme máis que bos pero que non pegan có grupo e a súa música. Aproveitarei este apartadiño para facerlle a pelota o meu amigo D. Rubín que fixo un dos mellores traballos que se poden facer nun CD có anterior disco do grupo. Portada, galleta e libreto eran dunha calidade inmensa, os debuxos non só nos gustaban senón que nos emocionaban ós que compartimos Instituto nas lagoas neses 8- 10 aniños de Chanquiñas, Cesáreos, grupo teatral Leria e Xoves intérpretes. E para máis nos contaba a súa vida reciente, todo polo mesmo prezo!. Inmenso, rapaz.
En resumidas contas, agardo con ansia novas aventuras dos ourensáns para ver ata donde son capaces de chegar, que agardo que sexa o máis lonxe posible.
Mañá, mais!
Froito do meu exilio barceloní estou coñecendo a xente interesante. Mais os máis interesantes de tod@s sen dúbida son estes tres impresentables que están de luns a venres de 15:30 a 16:00 na Cadena Ser, emisión local de Catalunya.
Humor absurdo radiofónico a cachón. Non o penses nada, se che gustan Monty Phyton, Muchachada Nui ou calquer tipo de humor intelixente (pedante o termo) ou sado-sexo-escatolóxico, mergúllate no universo particular dos ESPECIALISTAS SECUNDARIOS. Políticamente incorrectos e sen nengún tipo de ataduras.
Que non eres catalán nin vives en Catalunya? É certo, non os poderas seguir en directo mais hai páxinas nas que poderás descargar gigas e gigas de programas que poderán engancharte ben. Se o probas e te agrada, repites. No seu programa un 20% é en catalán, pero se entende ben.
http://www.especialistassecundarios.com/
http://www.especialistassecundarios.net/ (na sección FONOTECA atoparedes miles de programas. Require un rexistro mínimo)
Se buscades en Youtube, tamén atoparedes enlaces xa que tiveron un programa en Localia, particularmente recoméndovos estes:
http://www.youtube.com/watch?v=pRgWrqc_QP8
http://www.youtube.com/watch?v=QTF87YYBc3k
http://www.youtube.com/watch?v=a45XbScepHs
Francamente, eu prefiroos na radio, pero os esquetches de Localia non están mal. Se ultimamente deu a casualidade de que os verades en La Sexta no programa Animales Secundarios, olvidadevos. Estes non son realmente eles, saiulles un programa moi edulcorado e "blandiño" que non os representa.
Entrade na Especialistasmanía!!!
As opinións son coma os furados do cú. Todo o mundo ten unha e aquí tedes a miña.