lunes, 11 de mayo de 2009

ADORRO SPOTIFY




Grandísimo invento rapaces, este Spotify. Este pogramiña consiste nunha lista INMENSA de cancións, albumes e artistas. Os temas pódense escoitar en calidade alta e cunha rapidez caralluda. Eso si, nada de descargas, que para iso xa están outras aplicacións. Me dixo un paxariño que o pograma é legal, que as discográficas adoptan a táctica de "si non podes co enemigo...", mais non sei se crelo.


Todo o universo musical non está, claro. Eles din que suben unhas 10000 cancións ó día, pero non estará nunca todo, é imposible. Pero hai artistas que teñen discografías completas, ó alcance dun clic. Outros (Led Zeppelin, Beatles, Metallica, Pink Floyd,etc) non están por desexo deles ou da discográfica(máis ben). Se pos "let it be" sairante 300 versións mais non a orixinal.


Como punto fraco do choio, sinalar que a radio que posee a aplicación para escoitar música por estilos ou aleatoriamente é algo así coma uns pementos recheos de estrume. Non vale para nada, e iso era moi bo en LastFM, mais ninguén é perfecto. Tamén sinalar que a música non se pode descargar, pero tampouco SUBIR. Non podes mandarlles a maqueta do teu grupo xenerosamente para que apareza aló. Unha peniña.


Haberá que ver canto dura este pograma sen ser de pago, como pasou con LastFM. De momento cada 6-7 cancións sae un anuncio duns 20 segundos. Isto é perfectamente asumible, a ver se non cambia. Darse de alta en Spotify Premium costa uns 9,95 ó mes, e supoño que aí non haberá publicidade e incluso moitas máis cancións. mais co que hai gratis para min é suficiente.


Xa sabedes, spotify xa!! Para instalalo buscade en Internet os enlaces precisos. Hai veces que é necesaria a invitación doutro membro para darse de alta. Para iso aquí me tedes. Con mandarme o voso correo poderei dar de alta a 9 personas máis. Dádevos presa, que se esgotan ( clamando no deserto, clamando no deserto).

5 comentarios:

  1. A ver, si quieres que te sigamos, tienes que actualizar los contenidos. What a blogger!!!!

    ResponderEliminar
  2. joder nazi, tu ombligismo no tiene límites. de verdad crees que le importa a alguien tus nauseabundos gustos? si sólo hay que ver cómo vistes para que te entren ganas de apalear a tu estilista.alguién que tocó en los berrogüezos nos va a aconsejar un disco? ponte a leer si no quieres trabajar, y ahorra esta demostración de defectos que causa tanta lástima. pepe toni

    ResponderEliminar
  3. Hay que ver quien es el nazi!!! Si ya decía mi abuela que nunca una puta le llama a otra honrada!!!

    ResponderEliminar
  4. Manuel: ni puto caso, que es el pistrucho

    Enjodenllanos: Bravo rapaz, as túas tres millores horas invertidas da miserable vida, que supoño que é o que tardaches en escribir iso no teclado, analfabeto informático. Seguro que hoxe estarías botando cós Guezos,Kepa e mais Budiño, que como xa non estou eu podes sacar as túas verdadeiras querencias. Eres máis falso que Rafa Nadal sorrindo nos anuncios da tele.

    ResponderEliminar
  5. 3Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... reporte gratis en colombia - reporte gratis en chile - reporte gratis en chile - reporte gratis en chile - reporte gratis en chile

    ResponderEliminar