lunes, 27 de abril de 2009

OS PAPAQUEIXOS - A Lóxica Aplastante do Comité de Propaganda


Opinión Personal: 8,5/10
Creo que ultimamente estou perdendo a chispa escribindo. A verdade é que cando criticas un traballo recén saido no forno, e para máis de xente que coñeces ou que viches algunha vez, poste seriote e non das pé ás chanzas.
Aproveito que son as 0:00, a hora dos frikis, que a noite é xove e que teño posto o "Arroutada Pangalaica" dos Diplomáticos para falar con irreverencia e respeto do grupo que nos atinxe. Total, están mortos e enterrados e nindiós le este bló, que xa se nota nos comentarios.
Debo confesar que coñecía os temas míticos dos Papaqueixos,a saber, "Teknotraficante: farlopo ma non troppo" e "Matías o Morcego", e algún máis me sonaba. Mais é agora 3479 días despois da estrea deste disco que caeu nas miñas redes, ou máis ben nas do meu jardiks.
E toda unha sorpresa, meus. Non era eu consciente do folkis que eran este grupazo mentras vivían. E eu, que teño un pasado, vexo que non había que investigar algunhas cousas, que xa estaban todas creadas, editadas, masticadas e dixeridas. Como din que dixo don Antares Brigtons, famoso semiótico e filatélico: "Neste mundo só estou seguro de dúas cousas, do selo de 5 centavos e da estupidez humana, e ando a non crer moito no primeiro ultimamente". Mea culpa,hai que ler, escoitar e falar máis.
Se tivera que dicir que non me gusta deste disco, tería que pensalo moito, xa que contén as doses xustas de retranca,bo humor,música bonita,cañabrava a todo filispín,instrumentais, letras profundas (excelente letra inglesa en "Mai iöb is güeitin faragüei"),robots asasinos,xelados de fresa e porno barato que lle esixo a un disco. Se queredes criticar algo,para iso están os comentarios, preas (nótase moito que me sinto só na inmensidade da rede, xa o sei).
Como este grupo se fragmentou en moitos anacos, non se nos permitiu seguir desfrutando del. Mais o panorama galego (e o resto) están cheos de discos únicos e non por iso nos anoxamos. Daquelas,rapaciños, sacar un disco non era tan barato coma agora, e non había Internet. Si, era posible vivir sen Internet, inda que bastante mal, todo sexa de paso.
Non sei que facedes lendo estas parvadas e non buscando este disco de donde o teñan, xa tardades, meus. Licores e bicos para tod@s!!!

SOM DO GALPOM - Em Terra de Ninguén



Opinion Personal 6,5/10

Os Som do Galpom sacan novo disco coma flamantes novos gañadores da 2ª edición do Nsaio. A verdade é que nada hai que dicir do deseño(só vin a portada,mais mola), grabación e temas escollidos. Os rapaces da Moniña, Santiago seguen coa súa orixinal proposta de hipehope funk ragga style, mais a mellora na interpretación é evidente. Ademais a xira de presentación é extensa e variada (Portugal, Catalunya, Valencia). Longa vida a Som do Galpom!


O punto forte do grupo son as letras, sen dúbida. Moitas son sobresaintes, xa que non se quedan nos temas "Que mala é a sociedade, eu fumo porros e toco música", que tamén deso hai mais non só iso. E agradécese. Temas coma a grandiosa "Na Cama", xa un clásico do grupo ou "Amigos ou Colegas?" no que as letras agradan e sorprenden.

O punto débil do grupo (e daí a miña nota), polo menos nas tres escoitas que levo, é a música. A base musical é moi orixinal, e os integrantes do grupo melloraron moito na interpretación. Sobre todo pola parte que me toca, creo que non hai case nada que ver có violín de antes e o de agora (grande, Brais). Agora ben, unha cousa é que teñamos unha base musical guapa e orixinal, e outra é facelo de maneira monocorde, con temas que case non se diferencian entre eles se lles quitamos as letras. Dacordo, neste xénero o que priman son as letras, mais algo de variación na base(e non só nos arranxos) sería de agradecer.

Un disco bo, mais cos medios dos que parece que se dispoñía, aproveitar ben o tiro e meter algo máis de orixinalidade tería sido de agradecer. Larga vida a som do Galpom, e a rebentar tódolos garitos!!

miércoles, 22 de abril de 2009

GALEGOZ - Viñeron da Galiza Interior



Opinión Personal 8,5/10
Fai uns aniños cando se comezou a falar dos Galegoz, todos nos estrañamos de que nunha escena tan pequena e provinciana como a galega un grupo entrara con tanto poder mediático. Vale, había uns cantos coñecidos no grupo, pero , ¿tanto?.
Vinos por vez primeira no festival de Chandrexa, onde compartimos escenario, e a miña impresión foi boa, inda que me parecía que o grupo non acababa de enganchar o público co seu estilo (Aranhoto Disco Style - Bacalao en barallete, vamos). Nun concerto non acabas de entender ben as letras, que son o plato forte do grupo, e a música desconcertou á xente.
Agora, tres directos despois e tres discos tamén, hai que dicir que Galegoz se confirma coma un dos grupos máis interesantes do panorama galaico, mais segue tendo un problema de falta de tirón nesta Galiza de "Gaitas e Vieiras"(Projecto Mourente dixit). Facendo unha introducción, hei de dicir que o seu primeiro album "Galician Chimpanzee"non o teño, e escoitei cancións soltas, mais non como para opinar. O que escoitei non está nada nada mal. "Revolution Dance" é a confirmación de que o grupo iba en serio, e o seu disco-friki-agro estilo colle pulo mezclado con pachanga, funk, ji-jó e outras vainas. O disco é moi bo, e eu só lle topo dous defectos:
- Idioma: non teño NADA en contra de que se use galego normativo, de mínimos, lusista e outras recetas mentres se faga en galego. O que non se debe facer é escribir en lusista e cantar en normativo. Teta e sopa non collen na boca.
- "Shinobi" e "Señor Naranja",de onde sairon eses temas? Son do coleguita de Madrid (máis coñecido coma o Eminem dos Galegoz) e había que metelos a collós?. Estes temas destrúen a unidade do disco, son un engadido innecesario. E iso que "Shinobi" é un tema caralludo, non así o outro, egocentrismo hiphopero chulimen, puaj!
Despois disto, chega "Viñeron da Galiza Interior" onde a mala hostia do grupo expándese con forza extrema, non sei se multiplicada pola situación política actual ou non, mais encántame. O estilo e grabación son perfectos. Evidentemente hai temas que me gustan máis que outros, pero todos andan polo notable alto - sobresainte. É evidente que Galegoz Progresa Adecuadamente ++, e só me produce pena que grupos coma este non teñan o éxito que merecen por méritos propios. Será que o grupo vai máis cunha pseudo-élite(xa estamos) progre-desencantada-frikicultureta que co que atopamos habitualmente nos concertos, xente máis interesada en bailar sen prestar atención ó que se di mecidos polo kalimocho e outras vainas (sintoo, mais creo que é así).
De tódolos xeitos, destacaría dous defectos deste traballo:
- É demasiado curto: queriamos máis,máis, máis
- Tal vez sexa o derradeiro disco da banda: NNNNOOOOOOOOOOOONNNN
En fin, que nos quiten lo bailado. Se queredes saber máis desta xente aquí tedes uns enlaces:
Descargar os dous discos de "Le Glamour Grotesque", moi recomendable se che gustan os Galegoz:
Os outros discos da banda están en Spotify, así que xa sabedes...

lunes, 20 de abril de 2009

LAMATUMBÁ - Paraugas Universal



Opinión Personal: 6,5/10

O seguinte tema pode sacar máis sangue no foro da que eu quixera, e iso que en calquera outro pediría coitelos afiados e nada máis. O mellor esaxero e certas feridas xa están fechadas ou polo menos cunha costra suficiente. Mais hai que mollarse, rapaces.

A escisión de Lamatumbá fixo que moita xente quedase triste pola nova, mais có tempo, creo que a cousa ficou correcta, porque gañamos dous grupos moi bos para o directo galego. Un deles O Sonoro Maxín onde se aloxaron dous Históricos do grupo, outros dous históricos (a maiúscula e a minúscula van pola cantidade de tempo, non pola importancia, claro), un batería que xa fora lamatumbeiro e un baixista excepcional. O outro grupo quedou chamándose Lamatumbá, mais xa non o é, coma os Diplomáticos (de Kömunikando) xa non eran Os Diplomáticos de Montealto. Isto, por suposto, non significa nada mais que iso. Agora Lamatumbá "Abre Camiños" e vai por outro lado facendo un punto e aparte na súa historia e saca este disco fai xa un aniño.

O disco é moi correcto, ata notable. Non me parece un discazo, mais si ten temas para darlle de comer aparte, coma "Severino", "Farto"ou "Marcha + Aquí". Curiosamente, o tema promocional do disco non é nin moito menos o que máis me gusta, pero o mesmiño me pasa có recente disco de Guezos. Cuestión de gustos, supoño. É de destacar a nova colaboración de Guadi Galego cunha canción lenta coma "Morna", que volta a eleva-lo nivel do disco como xa pasara có "Reagge dos Mariñeiros". Destacar tamén que o disco trae un DVD moi simpático con contidos coma videocrís, makinones, fotos e demáis.

A miña dúbida con Lamatumbá (1) era que as cancións, e por suposto o directo eran moi bos, mais hai que recoñecer que sacaron tres (ou catro!) veces o mesmo disco, con case que os mesmos temas. E parecía que tiñan un muro que non eran capaz de romper para seguir adiante.De tódolos xeitos hoxe alédome de que sacasen o "Lume...para que saia o sol", inda que fora cós temas de sempre, xa que así foi coma tod@s os que os seguimos desde sempre queriamos velos grabados. A continuidade que segue Lamatumbá (2) con este "Paraugas Universal" non fai posible que non digamos "vaia cambio...non?", mais cumpre de sobras para desatascar os 10 anos de sacar un só disco.

A maquetación e deseño non me emocionan, inda que cumpren polos pelos. Nesto si que hai diferencia respecto ó disco anterior. Sintoo, sr. Peixe, mais a estética e debuxos parécenme máis que bos pero que non pegan có grupo e a súa música. Aproveitarei este apartadiño para facerlle a pelota o meu amigo D. Rubín que fixo un dos mellores traballos que se poden facer nun CD có anterior disco do grupo. Portada, galleta e libreto eran dunha calidade inmensa, os debuxos non só nos gustaban senón que nos emocionaban ós que compartimos Instituto nas lagoas neses 8- 10 aniños de Chanquiñas, Cesáreos, grupo teatral Leria e Xoves intérpretes. E para máis nos contaba a súa vida reciente, todo polo mesmo prezo!. Inmenso, rapaz.

En resumidas contas, agardo con ansia novas aventuras dos ourensáns para ver ata donde son capaces de chegar, que agardo que sexa o máis lonxe posible.

Mañá, mais!

sábado, 18 de abril de 2009

GUACHIMEN


AVISO: Contén spli..., spoir..., spois... Que te podo contar cousas da peli e te ha foder se non a viches!!!, carallo xa cos termos extranxeiros...
OPINIÓN PERSONAL : 6,5/10
A verdade é que ademais de ter a chaveta perdida dende fai tempo, non sei que lle pasa ó mellor guionista anglosaxón de tebeo según a miña opinión. O señor Moore firmou truñakos jrandes coma o Gaiás coma "The League of..."(cómic menor mais moi moi bo) ou "From Hell"(obra mestra) e agora non quere firmar nin "V de Vendetta" ni esta, que son boísimas adaptacións. Eso si, o Gibbons (debuxante de Watchmen, aclaración para os non frikis) estase forrando polo que vexo nas librerías.
A mellor novela gráfica de superheroes que coñezo pasa cunha boísima nota o test da adaptación cinematográfica. Evidentemente non é o mesmo, mais ninguén busca que sexa o mesmo, carallo. É máis, o que a min me pareceu peor da peli é facer unha transposición case que viñeta a viñeta de moitísimas pasaxes do tebeo. Me parecía por momentos que para ver iso quedaba na casa relendo o orixinal por nonseiquecuantavez.
Eso si, a sorpresa inmensa da peli está na secuencia de créditos inicial. Grandiosa,só por iso merece a pena colarse no cine para vela. E dentro da secuencia, saber quen foi que matou a Kenneddy é unha grandísima idea. E frente o que dirán os máis puristas, que me lapidarían de non ser porque nin Dios le este puto blog, a min gustame máis o final escollido para a peli que adaptar o mesmo da novela gráfica. É moito máis simple de explicar, e está ben pensado poñer ó Dc Manhattan de malo creando vida polo universo adiante, que andar có rollo dos artistas, a illa misteriosa y su lisonjera madre . Ala, xa podedes tirar a primera pedra, inda que sei que non estades libres de culpa, preas.
Logo, detalles graciosos coma a "cara" de Roscharch e o seu dinamismo, o narís de Nixon e a aparición de Kissinger, verlle o rabo ó Dc Manhattan por triplicado e outros detalles hiperfrikis fixeron que aprobara con boa nota a peli. Eso si, hai escenas nas que o gore sobra inda que quede simpático(te se ve el plumero Zack Snyder, "visionario").
Eso si, postos a quedarme cunha das dúas adaptacións, quedo sen dúbida con "V de Vendetta" salvo polo seu final edulcorado. É unha adaptación moitísimo máis orixinal sen perder o fio ca obra orixinal do que nunca será a que comento.
Quen vixía ós vixiantes? Quen vixía ós vixiantes dos vixiantes? Quen vixía ós vixiantes dos vixiantes..........quiere que te cuente el cuento de la buena pipa?

miércoles, 15 de abril de 2009

ADORRRO A LOS ESPECIALISTAS



Froito do meu exilio barceloní estou coñecendo a xente interesante. Mais os máis interesantes de tod@s sen dúbida son estes tres impresentables que están de luns a venres de 15:30 a 16:00 na Cadena Ser, emisión local de Catalunya.

Humor absurdo radiofónico a cachón. Non o penses nada, se che gustan Monty Phyton, Muchachada Nui ou calquer tipo de humor intelixente (pedante o termo) ou sado-sexo-escatolóxico, mergúllate no universo particular dos ESPECIALISTAS SECUNDARIOS. Políticamente incorrectos e sen nengún tipo de ataduras.

Que non eres catalán nin vives en Catalunya? É certo, non os poderas seguir en directo mais hai páxinas nas que poderás descargar gigas e gigas de programas que poderán engancharte ben. Se o probas e te agrada, repites. No seu programa un 20% é en catalán, pero se entende ben.

http://www.especialistassecundarios.com/

http://www.especialistassecundarios.net/ (na sección FONOTECA atoparedes miles de programas. Require un rexistro mínimo)

Se buscades en Youtube, tamén atoparedes enlaces xa que tiveron un programa en Localia, particularmente recoméndovos estes:

http://www.youtube.com/watch?v=pRgWrqc_QP8

http://www.youtube.com/watch?v=QTF87YYBc3k

http://www.youtube.com/watch?v=a45XbScepHs

Francamente, eu prefiroos na radio, pero os esquetches de Localia non están mal. Se ultimamente deu a casualidade de que os verades en La Sexta no programa Animales Secundarios, olvidadevos. Estes non son realmente eles, saiulles un programa moi edulcorado e "blandiño" que non os representa.

Entrade na Especialistasmanía!!!

martes, 14 de abril de 2009

ATAQUE ESCAMPE - Galicia es una Mierda












Opinión Personal: 8/10

Moito choveu desde aquel día en que descarguei na Regueifa Plataforma o "Ed Wood e os Paraugas Asesinos". O primeiro disco destes Vistalegrenses(ou coma carallo se diga) estaba grabado coma ben podían, e dicir, bastante mal. E eu, que rasco o violín coma podo ou me deixan, non aturaba as pasaxes deste instrumento tan pouco agradecido cando non o tocas moi ben, coma me pasou cando intentei grabalo por primeira vez. Pero pasada a primeira pasada, a verdade é que foi unha das mellores sorpresas dese ano. A música estaba ben imaxinada inda que non grabada, e sobre todo as letras, que eran dunha orixinalidade pouco vista ata agora en grupos noveis galegos. Este primeiro traballo, que nunca chegou a publicarse en versión física fixo que me convertera dun dos seus fans máis activos e que lles pedira que viñeran a Ourense de tódalas maneiras posibles.

Galicia es una Mierda

Con este grandísimo título, mal entendido por moita xente, entre eles esta señora ( http://www.cronica3.com/2009/03/herederos-de-la-mar-pide-que-se-retire-do-mercado-o-cd-galicia-es-una-mierda-subvencionado-por-cultura/) , @s Ataque Escampe acadaron a súa "madurez". O seu disco estaba grabado e editado, contaba con máis medios e unha idea de conxunto moi boa de partida. E as letras estaban á altura. Mais algo pasou na grabación, ou donde sexa. Perdida xa a inocencia, o grupo xa non sorprendía coma no primeiro refrito, e a grabación non deixou ben as ideas que nel se querían reflectir. Salvo "Nadina", o resto dos temas quedaban cunha sensación de que se podía ter feito moito máis.

Aparte diso, e tras unhas escoitas a miña ataqueescampemanía non baixou, e namorei de "Tres Cantos a Lenin", "Nadina", "I´m not your Man" ou "A Granxa de Aleixandre". A retranca e mala hostia encántanme e neste disco hainas en dosis superiores. Mágoa que moita xente non concordara con estas ideas e lapidara o grupo en Internet e similares, ata o límite das amenazas puras e duras.

Un gran disco, e en breve sairá A Gran Evasión, o novo traballo que promete non falar xa do noso país senon de "temas universais". E grabado e mesturado por Marcos Payno. Conto as horas...

Galicia es una Fiesta

Lóxicamente non fun o único que namorei do estilo dos Composteláns e disas estimas naceron estas colaboracións. Marcos Payno(Galegoz, Le Glamour Grotesque e tantos outros máis) na pel do Dj Painkiller pariu unha revisión do disco de antes con cinco temas en versión "bailable?" que foron a salsa do prato anterior. Hai opinións para tódolos gustos,claro, mais creo que algúns temas melloran moito nesta revisión. Sobre todo para min "Akira Toriyama", o único tema que non me gusta se convertía en "Anakiro Toriyama", que non está nada mal.

Os dous discos están en Creative Commons e se poden descargar de balde na Regueifa Plataforma.

Let`s dance a través das brasas, Camaradas.

Descargar Galicia es una Mierda http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2008/02/ataque-escampe-galicia-es-una-mierda.html

Descargar Galicia es una Fiesta http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2008/12/ataque-escampe-galicia-es-una-fiesta_21.html

Descargar Ed Wood e a Invasión dos Paraugas Asesinos http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2007/02/ataque-escampe-ed-wood-e-invasin-dos.html

GUEZOS - 8 DESTINOS


Nota: 7/10


Música

Ben se ve que o folk galego xa non é o que era. Atrás quedan as 50.000 copias vendidas por Berrogüetto de Navicularia ou as cantidades inxentes de discos de Cristina Pato ou similares. Desenganémonos, Carlos nuñez xa non vive en Bretaña e a peliverde dedícase ó piano, que ademais o toca moi moi ben. Os experimentos de xente que naceu naqueles días e inda siguen por acá van evolucionando desde os comezos en música "tradicional" a "explorar novas vías" con fusións noutras vías musicais e engadir "festa" nos seus concertos/discos. E non só Guezos,tamén Cuchufellos, Quempallou e ata Coanhadeira.

Desde os albumes "Guezos" e incluso "Terradentro" que supuxo un acercamento a esta tese pero mantendo as raices folkis mezcladas con altas doses de épica (e rock?) e un despiste total na compactación de temas (cade canción era un universo en si).Neste senso "8 Destinos" (non me gusta o título!!!) achégase máis a un disco de pop-rock-folk abandonando a esencia folki para mezclala con outras cousas,pero desta vez de maneira moito máis decidida. O disco supón un grado altísimo de madurez respecto os inicios,e nótase que os "cativos" traballan ben tanto no estudio coma no local de ensaio. Este si é un disco comadiormanda cun sentido en si mesmo. Non sei como reaccionarán os seus fans máis tradicionales, pero acho que non van ter problemas por esa banda.Eso si,o disco tal vez se escora a posicións algo "comerciais", evidentemente sen chegar a ser El Sueño del más Feo,así como "Terradentro" non era Mago de Hez,inda que algún simple o comentara por aí.

O cambio de membros na banda fixo que entrasen aires novos e,polo que se ve, moita disciplina. Mencioón aparte merece o guitarrista novo David Quintas,que ademáis da súa maestría na interpretación compón,e arranxa moi ben, e Fran "de Cedeira"(que quede claro) pon unha boa base na sección rítmica. Non se nota que falten instrumentos,de feito creo que o violín, ademais da súa pouca calidade na interpretación(ha,ha) aportaba no conxunto un exceso de melodías que despistaban un pouco.

Grabación

O abaixo firmante non cría que algo novo pudera sair de Muu e Guezos. Pero a verdade é que o novo traballo merece por esa banda unha mención notable. Tamén é evidente que Perdidito Feijoo e Pali traballan mellor con guitarras que con gaitas,ou eso me parece. Arranxos e compactación son moitísimo mellores que nos anteriores traballos. Poden estar contentos con este novo fillo.

Deseño


A parte de deseño é un dos puntos fortes do disco. Así como o "Lume..." de Lamatumbá melloraba moitísimo co excelente traballo de David Rubín (do que algo bebe este deseño de "8 destinos" ) o digi-pack do disco ten un alto atractivo para comprar o disco e axudar a estes rapaces a pagar os gastos de producción (Si á piratería, agás que mereza a pena). Quede claro que non estou moi dacordo coa portada,que creo que funciona mellor en cartaz,mais iso é unha cuestión personal, e xa se sabe, así como todo o mundo ten un furado no cu,tamén ten unha opinión.O resto do traballo é simplemente unha marabilla,e que sexa un dos membros da banda quen o realiza, é simplemente perfecto.

Resume


Un gran traballo e o mellor disco de Guezos ata a data, inda que perda un pouco a súa esencia folki. Un disco compacto e ben grabado.

Agardo con ansia! velos enriba do escenario.