sábado, 18 de abril de 2009

GUACHIMEN


AVISO: Contén spli..., spoir..., spois... Que te podo contar cousas da peli e te ha foder se non a viches!!!, carallo xa cos termos extranxeiros...
OPINIÓN PERSONAL : 6,5/10
A verdade é que ademais de ter a chaveta perdida dende fai tempo, non sei que lle pasa ó mellor guionista anglosaxón de tebeo según a miña opinión. O señor Moore firmou truñakos jrandes coma o Gaiás coma "The League of..."(cómic menor mais moi moi bo) ou "From Hell"(obra mestra) e agora non quere firmar nin "V de Vendetta" ni esta, que son boísimas adaptacións. Eso si, o Gibbons (debuxante de Watchmen, aclaración para os non frikis) estase forrando polo que vexo nas librerías.
A mellor novela gráfica de superheroes que coñezo pasa cunha boísima nota o test da adaptación cinematográfica. Evidentemente non é o mesmo, mais ninguén busca que sexa o mesmo, carallo. É máis, o que a min me pareceu peor da peli é facer unha transposición case que viñeta a viñeta de moitísimas pasaxes do tebeo. Me parecía por momentos que para ver iso quedaba na casa relendo o orixinal por nonseiquecuantavez.
Eso si, a sorpresa inmensa da peli está na secuencia de créditos inicial. Grandiosa,só por iso merece a pena colarse no cine para vela. E dentro da secuencia, saber quen foi que matou a Kenneddy é unha grandísima idea. E frente o que dirán os máis puristas, que me lapidarían de non ser porque nin Dios le este puto blog, a min gustame máis o final escollido para a peli que adaptar o mesmo da novela gráfica. É moito máis simple de explicar, e está ben pensado poñer ó Dc Manhattan de malo creando vida polo universo adiante, que andar có rollo dos artistas, a illa misteriosa y su lisonjera madre . Ala, xa podedes tirar a primera pedra, inda que sei que non estades libres de culpa, preas.
Logo, detalles graciosos coma a "cara" de Roscharch e o seu dinamismo, o narís de Nixon e a aparición de Kissinger, verlle o rabo ó Dc Manhattan por triplicado e outros detalles hiperfrikis fixeron que aprobara con boa nota a peli. Eso si, hai escenas nas que o gore sobra inda que quede simpático(te se ve el plumero Zack Snyder, "visionario").
Eso si, postos a quedarme cunha das dúas adaptacións, quedo sen dúbida con "V de Vendetta" salvo polo seu final edulcorado. É unha adaptación moitísimo máis orixinal sen perder o fio ca obra orixinal do que nunca será a que comento.
Quen vixía ós vixiantes? Quen vixía ós vixiantes dos vixiantes? Quen vixía ós vixiantes dos vixiantes..........quiere que te cuente el cuento de la buena pipa?

7 comentarios:

  1. A mi también me gustó muchísimo. Y mucho más que la adaptación de "V de Vendetta".

    Y no sé de donde sacas lo de que "La liga de los caballeros extraordinarios" (el tebeo) es una obra menor de Moore, a mi me parece un tebeo maravillosamente narrado, con personajes extraordinariamente construidos, divertidísimo y enganchante y lleno de referencias literarias muy bien metidas y tratadas de un modo extraordinariamente fluido e inteligente, que sea un tebeo de aventuras no lo hace obra menor. Para mi , junto con "Promethea" es de lo mejorcito del último Moore, muy superior a obras menores de verdad del inglés como "WildCats" o "Tom Strong" (que estando simpática y comenzando de fábula se termina diluyendo)o incluso a "Lost Girls", que me resultó soporífera pese a lo maravilloso de su planteamiento formal , incluso prefiero "La liga..." a "V de Vendetta" (el tebeo).

    ¿no querias comentarios? Pues toma dos tazas!!

    d.

    ResponderEliminar
  2. ¡SANGRE! Eso era o que eu quría. E na miña sincera opinión v de vendetta,o cómic,dalle cen voltas á Liga, a pesares de moitas inmadureces do inglés na súa "primeira obra completa" (coma el mesmo recoñece), e de que cando digo "obra menor" estou falando dunha obra menor de Moore, claro está...

    ResponderEliminar
  3. ei! sen pasarse coa liga, que é un tebeo caralludo!

    ResponderEliminar
  4. A ver, cal foi a parte de "...pero moi moi bo..." que non entendíchedes??

    ResponderEliminar
  5. No, si ya se que te parece un buen tebeo, pero para nada es una obra menor, lo que pasa es que como, a simple vista -y solo a simple vista-, no lleva la carga sesuda de otros tebeos de Moore pues puede parecerlo, pero "La liga..." es un tebeo complicado y trabajado como pocos, y además es superdivertido, cosa tambien dificil. Y si, su versión cinematográfica es directamente un insulto a la inteligencia del espectador.

    Un saludo!

    d.

    ResponderEliminar
  6. Dacordo, aceptamos "La Liga..." coma obra maior de Moore e a versión de Sean Connery coma "sinónimo de merda como de eiquí a Cincinnaty de grande".
    Mais só porque o Scatergorys é voso, eh?

    ResponderEliminar