martes, 14 de abril de 2009

ATAQUE ESCAMPE - Galicia es una Mierda












Opinión Personal: 8/10

Moito choveu desde aquel día en que descarguei na Regueifa Plataforma o "Ed Wood e os Paraugas Asesinos". O primeiro disco destes Vistalegrenses(ou coma carallo se diga) estaba grabado coma ben podían, e dicir, bastante mal. E eu, que rasco o violín coma podo ou me deixan, non aturaba as pasaxes deste instrumento tan pouco agradecido cando non o tocas moi ben, coma me pasou cando intentei grabalo por primeira vez. Pero pasada a primeira pasada, a verdade é que foi unha das mellores sorpresas dese ano. A música estaba ben imaxinada inda que non grabada, e sobre todo as letras, que eran dunha orixinalidade pouco vista ata agora en grupos noveis galegos. Este primeiro traballo, que nunca chegou a publicarse en versión física fixo que me convertera dun dos seus fans máis activos e que lles pedira que viñeran a Ourense de tódalas maneiras posibles.

Galicia es una Mierda

Con este grandísimo título, mal entendido por moita xente, entre eles esta señora ( http://www.cronica3.com/2009/03/herederos-de-la-mar-pide-que-se-retire-do-mercado-o-cd-galicia-es-una-mierda-subvencionado-por-cultura/) , @s Ataque Escampe acadaron a súa "madurez". O seu disco estaba grabado e editado, contaba con máis medios e unha idea de conxunto moi boa de partida. E as letras estaban á altura. Mais algo pasou na grabación, ou donde sexa. Perdida xa a inocencia, o grupo xa non sorprendía coma no primeiro refrito, e a grabación non deixou ben as ideas que nel se querían reflectir. Salvo "Nadina", o resto dos temas quedaban cunha sensación de que se podía ter feito moito máis.

Aparte diso, e tras unhas escoitas a miña ataqueescampemanía non baixou, e namorei de "Tres Cantos a Lenin", "Nadina", "I´m not your Man" ou "A Granxa de Aleixandre". A retranca e mala hostia encántanme e neste disco hainas en dosis superiores. Mágoa que moita xente non concordara con estas ideas e lapidara o grupo en Internet e similares, ata o límite das amenazas puras e duras.

Un gran disco, e en breve sairá A Gran Evasión, o novo traballo que promete non falar xa do noso país senon de "temas universais". E grabado e mesturado por Marcos Payno. Conto as horas...

Galicia es una Fiesta

Lóxicamente non fun o único que namorei do estilo dos Composteláns e disas estimas naceron estas colaboracións. Marcos Payno(Galegoz, Le Glamour Grotesque e tantos outros máis) na pel do Dj Painkiller pariu unha revisión do disco de antes con cinco temas en versión "bailable?" que foron a salsa do prato anterior. Hai opinións para tódolos gustos,claro, mais creo que algúns temas melloran moito nesta revisión. Sobre todo para min "Akira Toriyama", o único tema que non me gusta se convertía en "Anakiro Toriyama", que non está nada mal.

Os dous discos están en Creative Commons e se poden descargar de balde na Regueifa Plataforma.

Let`s dance a través das brasas, Camaradas.

Descargar Galicia es una Mierda http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2008/02/ataque-escampe-galicia-es-una-mierda.html

Descargar Galicia es una Fiesta http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2008/12/ataque-escampe-galicia-es-una-fiesta_21.html

Descargar Ed Wood e a Invasión dos Paraugas Asesinos http://aregueifanetlabel.blogspot.com/2007/02/ataque-escampe-ed-wood-e-invasin-dos.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario